domingo, 30 de octubre de 2016

SAMAÍN 2016

O pasado venres 28 de outubro non viñeron nenos e nenas ó colexio da Armenteira, no seu lugar acudiron bruxas, pantasmas, zombies, monstros, vampiros...que alumnado tan terrorífico!!

Foi unha mañá moi divertida na que se fixeron distintas actividades: antes do recreo houbo obradoiros de maquillaxe e manualidades e tamén se viron pequenas pelis de medo. Despois viñeron as actuacións musicais e a entrega de premios do concurso de cabazas. Para rematar, truco ou trato polas clases. Pasámolo de medo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario