Este pasado Martes 10 de Marzo tivemos un día de excursión moi completo; pola mañá fomos ao Grove, concretamente á Illa da Toxa a mariscar, logo á Lonxa do Grove,e a continuación a xogar e comer no parque da Toxa. E xa para rematar ,pola tarde visitamos un sitio máxico cheo de arte por todas partes, "A fundación Manolo Paz" en Castrelo,Cambados; un espacio ó aire libre con moitas obras deste gran escultor galego.
E para ver as fotos dos pequechiños pinchade no seu blog "Trasnos da Armenteira" á dereita desta entrada.
MÚSICA:
"Rias baixas style"
"Fishermans blues" ,de The Waterboys.
"Air a danser" da Penguin café orchestra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario