domingo, 31 de marzo de 2013

EXCURSIÓN 1º E 2º CICLO.

Uns días antes de rematar o 2º trimestre, os nenos e nenas de 1º e 2º ciclo fomos de excursión a Pontevedra. Nesta ocasión, tivemos a sorte de acudir a unha exposición do pintor galego Ramón Lorda “Deside" no Café Moderno. Ademáis de poder ver as obras, fixemos algun xogo no que aprendimos o que é a "abstracción" e mesmo un obradoiro no que pintamos uns bonitos cadros. Somos uns artistas!
E para rematar , disfrutamos da obra de teatro HAPPY EVER AFTER en inglés. Esta obra está ambientada nos contos clásicos, na que un Príncipe busca unha princesa para casar e atópase con Branca Neves, Rapunzel e ademais cunha malvada bruxa. Se queredes ver o ben que o pasamos non tedes máis que ver este video. ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario